O pasado 30 de Outubro celebramos a VI Festa da Froita no noso cole.
Como neste curso temos en marcha o proxecto "Andrade Medieval", decidimos que esta edición da festa centrárase nun mercado medieval.
Por iso o noso cole, por un día, encheuse de cabaleiros, damas , monxes , campesiños e campesiñas etc...
Todos dispostos a pasalo moi ben, nunha verdadeira festa do medievo cun torneo de xogos,con danza, cantigas e sobre todo cunha degustación de doces feitos con froitas das nosas hortas.
Dende a clase de música nos encargamos de buscar a melodia que acompañou o desfile e a festa.
FELICIDADES a tod@s polo interés mostrado e sobre todo ás familias polo moito que se esforzaron en facer uns doces tan ricos.
Aquí tedes un video para recordar unha xornada tan estupenda.
Seguimos a falar dos trobadores e o máis destacado da idade media foi o rei "ALFONSO X ".
Aquí tedes algo de información e un video dunha das súas cantigas mais coñecidas.
DENDE A CLASE DE MÚSICA ... UNHA LEMBRANZA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Fai xa mais de dez anos que comezamos no noso cole co proxecto de dinamizar a nosa biblioteca.
Pasamos por moitas etapas nas que participaron tanto profes como alumnos, que xa non están no cole, pero grazas a o entusiasmo e as ganas de superación chegamos ata hoxe.Sempre da man dunha mestra FANTÁSTICA, que dende o primer intre, foi a "ALMA MATER" do proxecto.Xa sabedes de quen falo da profe... "ENCARNA".
Grazas a tod@s, porque moitos sodes ou seredes encargados da biblio, por manter este espazo como un lugar máxico, no que ademais de traballar ,podemos gozar con mil aventuras e facer novos amigos. Pois ó longo desta década parason moitos escritor@s , ilustradores , contacontos, músicos, pais, nais, avoas,etc.
Todas estas persoas xa forman parte da nosa biblioteca "SOÑOS DE ANDEL".
E a seguir soñando!!!
O 24 de Outubro celébrase en todo o mundo o día das BIBLIOTECAS.No noso cole sempre é un día moi especial.
Dende a clase de música tamén quixemos poñer o noso graiño de area para celebralo todos xuntos, coa presenza de Raioteca, no recanto dos contos.
Polo que eleximos a música que acompañou a lectura do fermoso conto " NO CLARO DO BOSQUE".
A cancón titúlase: TEA FOR TWO (té para dous) foi composta en 1925 (xa choveu!) para o musical "No No Nanette".
É unha melodía da que fixéronse moitas versións sobre todo para o Jazz.
Aquí tedes dous exemplos; un dun, fragmento da película " Tea for two". E outro de CHACHACHA para bailar un pouquiño.
Desexo que vos guste!
AGORA VAMOS A DISFRUTAR COA MÚSICA MODERNA EN GREGORIANO PREPARÁDEVOS PARA CANTAR...