Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA FROITA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA FROITA. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de noviembre de 2013

ANDRADE MEDIEVAL: " VI FESTA DA FROITA"

O  pasado 30 de Outubro celebramos a VI Festa da Froita no noso cole.

Como neste curso temos en marcha o proxecto "Andrade Medieval", decidimos que esta edición da festa centrárase nun mercado medieval.
Por iso o noso cole, por un día, encheuse de cabaleiros, damas , monxes , campesiños e campesiñas etc...
Todos dispostos a pasalo moi ben, nunha verdadeira festa do medievo cun torneo de xogos,con danza, cantigas e sobre todo cunha degustación de doces feitos con froitas das nosas hortas.

Dende a clase de música nos encargamos de buscar a melodia que acompañou o desfile e a festa.

FELICIDADES a tod@s polo interés mostrado e sobre todo ás familias polo moito que se esforzaron en facer uns doces tan ricos.
Aquí tedes un video para recordar unha xornada  tan estupenda.