martes, 18 de junio de 2013

5º CANCIÓN ADICADA...

 Os compañeiros e compañeiras o 2º Ciclo queren adicarnos a canción: "HAGO  CHAS  Y APAREZCO  A  TU  LADO".

E do duo Alex e Cristina  que estivo de moda na década dos 80.

Os alum@s de 4º curso  a traballaron  no último trimestre na clase de música.

A bailaron e seguiron o seu musicograma. Disfrutamos moito coa súa interpretación.

Desexan que tamén este verán a disfrutedes, demostrando que a música non caduca, sempre pode estar de moda.

domingo, 16 de junio de 2013

4º CANCIÓN ADICADA PARA...

NESTE MES DE XUÑO 
REALIZOUSE A ACTIVIDADE 
DE APADRIÑAMENTO 
LECTOR .

Para estes fantásticos padriños e madriñas  vai a nosa canción adicada.

Algúns fixeron nos recreos monicreques para acompañar o seu conto .Todos mostraron un gran interés na actividade  e por iso merecen uns fortes   BICOS MUSICAIS!!!


sábado, 15 de junio de 2013

UN DÍA INESQUECIBLE CON...


O xoves día 13 de Xuño cambiamos a clase de música por ... unha verdadeira aventura.
Que os rapaces e rapazas de 6º curso do cole de Andrade 2013  terán sempre nas súas lembranzas.

Tivemos o pracer de coñecer en persoa ao escritor Galego XOSÉ  NEiRA  VILAS.
Que poderíamos dicir e non quedarnos curtos.
 FOI  FANTÁSTICO!!!

É unha sorte que un ser humán único e tan especial sexa galego, e que poidamos presumir coa súa obra na nosa lingua.

Deleitounos coas súas verbas pousadas e cheas de máxia.

Moitas grazas e ata sempre!



miércoles, 12 de junio de 2013

3º CANCIÓNS ADICADAS PARA...

Nesta ocasión a canción vai adicada a tod@s os que compartimos o curso 2012-2013.

Agora que chegan as merecidas vacacións de verán, teremos que despedirnos, uns ata o curso que ven, e outros ata sempre.


E que mellor forma de despedida que con unha canción moi especial ..."O  RAP  DE  ANDRADE".
 A súa letra recolle o espíritu do noso  querido Cole. Ademais vai personalizada coas fotos deste curso escolar.

lunes, 10 de junio de 2013

2º CANCIÓNS ADICADAS PARA....

Neste apartado, adicarémoslles as nosas cancións, os nosos compañeir@s do primeiro ciclo.

Desexamos que con elas, ademáis de pasalo ben, aprendan algo de italiano, por si nas vacacións teñen oportunidade de practicalo.

Damoslle as grazas a profe Cristina que moi amablemente nos proporcionou os videos.

VOCES FEMININAS GALEGAS

Agora que estamos no remate do curso faremos unha pequena proba de coñecementos sobre as cantantes galegas  as que adicamos o "Día da Muller 2013".

Atrevete e participa xa me dirás o número de acertos.


  PREPARAD@S,   LIST@S... XA!..

domingo, 9 de junio de 2013

1º CANCIÓNS ADICADAS.....

Como xa estamos rematando o curso, na clase de música estas dias, teremos un apartado para cancións adicadas para disfrutalas no verán.
Os nosos compañeir@s de 3º ciclo nos propoñen a canción "SEÑORITA" de Abraham Mateo.
Aquí tedes dous videos, un para coñecer a canción e outro para practicar a súa coreografía.
Desexamos que vos guste.

sábado, 8 de junio de 2013

MUSICANDO EN GALEGO: AI, AMOR!



Teremos a sorte de que o vindeiro xoves día 13 de Xuño o escritor galego XOSÉ NEIRA VILAS, presentará na vila de Pontedeume unha exposición sobre a súa obra.
O noso colexio está invitado a inaguración e serán os alumn@s de 6ºcurso os que disfrutarán do citado acontecemento.
Dámoslle as grazas o Concello por facilitarnos o traslado para poder asistir.
E na clase de música prepararemos o fermoso  poema, composto por Xosé  Neira Vilas: AI, AMOR! 
Foi musicado polo grupo galego de musica folk, A QUENLLA.
Tamén faremos un pequeno estudo da obra do autor e da traxectoria musical do citado grupo.


sábado, 1 de junio de 2013

REPRESENTACIÓN DO CONTO: "O QUEBRANOCES"



Xa chegou o día tan desexado da representación do conto "AS AVENTURAS DO QUEBRANOCES".
Dámoslles as grazas as profes de musíca (do Conservatorio de Ferrol) ALMA e LORETO que son a alma mater do grupo MUSICREQUES.

Dúas artistas estupendas que poñen todo o corazón na representación,
facendo que a demais de aprender un montón de cousas sobre: paises do mundo e instrumentos musicais.
Pasemos uns intres moi divertidos coa súa versión do Quebranoces.
Será un día inesquecible dento das actividades que facemos no noso Cole.
GRAZAS  POLO AGARIMO MOSTRADO con todos os nen@s. Sempre estaredes no noso corazón.