domingo, 27 de octubre de 2013

NO COLE DE ANDRADE ... SOMOS MOI AFORTUNADOS!!!


DENDE A CLASE DE MÚSICA ... UNHA LEMBRANZA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS.


Fai xa mais de dez anos que comezamos no noso cole co proxecto de dinamizar a nosa biblioteca.
Pasamos por moitas etapas nas que participaron tanto  profes como alumnos, que xa non están no cole, pero grazas a o entusiasmo e as ganas de superación chegamos ata hoxe.Sempre da man dunha mestra FANTÁSTICA, que dende o primer intre, foi a "ALMA  MATER" do proxecto.Xa sabedes de quen falo da profe... "ENCARNA".
Grazas a tod@s, porque moitos sodes ou seredes encargados da biblio, por manter este espazo como un lugar máxico, no que ademais de traballar ,podemos gozar con mil aventuras e facer novos amigos. Pois ó longo desta década parason moitos escritor@s , ilustradores , contacontos, músicos, pais, nais, avoas,etc.
Todas estas persoas xa forman parte da nosa biblioteca "SOÑOS DE ANDEL".
E a seguir soñando!!! 

sábado, 26 de octubre de 2013

MÚSICA PARA UN DÍA ... MOI ESPECIAL!!!

O  24 de Outubro celébrase en todo o mundo o día das BIBLIOTECAS.No noso cole sempre é un día moi especial.

Dende a clase de música tamén quixemos poñer o noso graiño de area para celebralo todos xuntos, coa presenza de Raioteca, no recanto dos contos.

Polo que eleximos a música que acompañou a lectura do fermoso conto " NO CLARO DO BOSQUE".
A cancón titúlase: TEA  FOR  TWO (té para dous) foi composta en 1925 (xa choveu!) para o musical "No No Nanette".
É unha melodía da que  fixéronse moitas versións sobre todo para o Jazz.

Aquí tedes dous exemplos; un dun, fragmento da película " Tea for two". E outro de CHACHACHA para bailar un pouquiño.
Desexo que vos guste!

domingo, 6 de octubre de 2013