lunes, 29 de abril de 2013

CANCIÓNS ADICADAS para...

O 25  DE ABRIL  recibimos no cole a visita (tan esperada) da nosa amiga  "MARÍA  LIRES".
De novo foi unha xornada inesquecible. Este foi un agasallo que nos mandou RAIOTECA neste mes do libro.
Na clase de música estivemos preparando con  entusiasmo dúas cancións para adicarlle con moito agarimo. Sempre que as cantemos terémola ao noso carón.

miércoles, 24 de abril de 2013

SEGUIMOS FALANDO DE CONTOS MUSICADOS

Estes dous contos son especiais neste curso 2012-13.
Compartimos as súas cancións na clase de música e en datas moi sinaladas para todo o Cole, como o dia da Paz  e o día da Poesía.
Xa sabedes de que falo?...  Pois da Nena e o Grilo.