O pasado 30 de Outubro celebramos a VI Festa da Froita no noso cole.
Como neste curso temos en marcha o proxecto "Andrade Medieval", decidimos que esta edición da festa centrárase nun mercado medieval.Por iso o noso cole, por un día, encheuse de cabaleiros, damas , monxes , campesiños e campesiñas etc...
Todos dispostos a pasalo moi ben, nunha verdadeira festa do medievo cun torneo de xogos,con danza, cantigas e sobre todo cunha degustación de doces feitos con froitas das nosas hortas.
Dende a clase de música nos encargamos de buscar a melodia que acompañou o desfile e a festa.
FELICIDADES a tod@s polo interés mostrado e sobre todo ás familias polo moito que se esforzaron en facer uns doces tan ricos.
Aquí tedes un video para recordar unha xornada tan estupenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario