Nas clases de música estamos moi ilusionad@s co CERTAME MUSICAL, que terá lugar no cole, coma unha das moitas actividades para celebrar o día das LETRAS GALEGAS 2013.
Preparamos, como xa sabedes, a canción popular "Collín Toxos e Flores"(os cursos de 1º,2º e 3º).
Os alumn@s de 4º preparan a interpretación coa flauta da canción: "Eu Non Sei".
Os de 5º curso, tamen para flauta," Esta Gaitiña e Paxariños que Vindes Cantando".
Rematarán os de 6º curso con outras dos pezas para flauta; "Ai Pepiño Adeus" e "Ai Salvora".
Nunha data tan especial non poden faltar unhas pezas de baile, por iso estamos preparando dous movementos da "Muiñeira do Molete" e a danza popular "Vai de Roda en Roda".
Sin esquecernos do Himno Galego.A hora de clase quedanos un pouco xusta para tanto,pero poñemos moito interés e moitas gañas de facelo ben.
GRAZAS POLO INSUPERABLE TRABALLO E O INTERÉS QUE MOSTRADES.
TAMÉN O NOSO AGRADECEMENTO , A NOSA GAITEIRA PREFERIDA, A PROFE MATILDE
QUE SEMPRE ESTA DISPOSTA A AXUDARNOS EN TODO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario