Este curso 2013 para celebrar o día internacional da paz preparamos no cole o proxecto..."Apertas de Paz".Por o que na clase de música, ao longo do mes de Xaneiro traballamos o libro "A NENA É O GRILO" gozamos moito coas súas cancións e preparamos especialmente o tema titulado: A RUMBA DÁS APERTAS. Pasamos unhas clases moi animadas, todos desexamos converter o noso cole nun mundo...cheo de apertas.Pero o mellor foi, cando nos xuntamos, todos os cursos no RECANTO DOS CONTOS o 30 de Xaneiro (día da Paz) porque alí cantamos, bailamos e recibimos un montón de apertas. Grazas a tod@s polo entusiasmo mostrado.Recibir unhas fortes apertas músicais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario