No mes de Marzo temos no calendario escolar dúas datas importantes; O día da muller e o día da poesía.
Dende a clase de música preparamos varias actividades para compartir e disfrutar todos xuntos.
Esta que os presento, titúlase ; "VOCES FEMININAS GALEGAS"
Recolle o traballo de oito artistas galegas que presentaron un proxecto chamado "Son delas" no que musicaron poemas de Rosalia de Castro e de Xohana Torres. Investigamos sobre as súas biografias, bailamos e cantamos algunha das súas pezas musicais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario